domingo, 20 de enero de 2019

Reunión Xeral segundo trimestre

O Martes 15 de xaneiro tivemos unha reunión xeral onde tratamos os seguintes puntos:
- Balance xeral do 1º trimestre.
- Titorías individuais a partir de agora. Se irá chamando aos pais por orde de prioridade pero se falará con todos e todas para valorar persoalmente o progreso do seu fillo ou filla.
- Non traer aos nenos e nenas tan abrigados. Que veñan con roupa cómoda e marcada ao cole para facilitarlle a autonomía.
- Procurar que os nenos e nenas en casa vaian  soíños ao baño e que se limpen sen axuda dos adultos. 
- Cambio de grupos na aula para que se relacionen con outros compañeiros e compañeiras. 
- Novo proxecto a traballar neste trimestre "Os Dinosaurios". Colaboración das familias na procura  de información.
- Saídas que se levarán a cabo neste trimestre: 
  •  8 de febreiro: exposición de dinosaurios en Pontevedra "living of Dinosaurios" que custará 5 euros. O autobús corre a cargo do cole.
  • 19 de febreiro : "Burbujas de papel" no teatro AFUNDACIÓN  que custará 2 euros. O autobús corre a cargo do cole. 
  • 25 de Marzo: Planetario no cole que sairá 3 euros por neno.
Os nenos e nenas nas excursión levan unha camiseta do cole que teñen que traer lavada para volver a gardar no cole. 
- Novo responsable na aula. O responsable de comunicación que será o encargado de chamar ao compañeiro ou compañeira que falte ese día para interesarse por el ou ela. 
- Traballaremos a lóxica-matemática a través do ABN. Os nenos e nenas levarán unha bolsiña na que teredes que meter dez cousas iguais para traballar o conteo.e a decena.
- A nivel de centro imos traballar o proxecto "Mulleres con pegada" sobre mulleres importantes e como non, para os nenos e nenas de tres anos, as mulleres máis importantes son as súas mamis. Animo a que veñades a facer algo con nós. 

- Os nenos e nenas están levando a mochila viaxeira que terán dúas semanas na casa para que gozo da lectura en familia. Teredes que facer un traballiño do material da mochila que máis gustou.
- Os venres empezarán a levar un libro da biblioteca que teñen que traer de volta o luns cun debuxo do conto.
- Reforzar a linguaxe cos cativos na casa, aproveitar calquera situación para ampliar o seu vocabulario e incentivar a formación de frases intentando que sexa o neno ou nena quen se exprese. 
- O Polo Pepe vai viaxar cos nenos e nenas. Irá nunha mochila e pasará un fin de semana con cada cativo compartindo experiencias que quedarán plasmadas en fotos que ides pegar nun libriño que o acompaña. As fotos poden ser impresas en papel, recortadas e pegadas no libriño cunha breve explicación do que fixeron. 
- Animo a todos e todas a que veñades ao cole a facer algún taller con nós.


Quero dar as grazas ás familias que puideron vir a reunión.

2 comentarios:

Rebe Pablo dijo...

Grazas a ti por todo o que fas por os nos@s fill@s
Bo traballo mestra
Bicos

Celeste dijo...

Gracias Rebe por tú comentario. Esto anima a seguir trabajando y darlo todo por estos peques.