Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de febrero de 2021

O Meco manda traer gravata

 Hoxe foron os nenos e nenas de catro anos os encargados de facer a foto coas  gravatas e paxariñas.

Mirade que guapísimos están!





O martes o Meco manda traer "capa de mantel"

 Nesta ocasión os cativos de tres anos foron os encargados da fotiño para amosar o guapos que estamos.



viernes, 19 de junio de 2020

PARABÉNS NOA S.

Noa S. cumpre 6 anos: 


Esta canción vai para ela: 


E como sabemos que lle encanta bailar, todos a movernos con esta canción: 


ACTIVIDADES PARA O VENRES 19 DE XUÑO.

Chegamos ao fin do curso 2019-2020 e a última Asamblea.




E agora imos a despedirnos:

5 anos pasará o próximo curso a Primaria. Aquí está un resumo en fotos do seu paso por Infantil. 






É un paso moi importante, pero os nosos peques están sobradamente preparados en ilusión e creatividade, así como sentido do humor, e, o que é moi importante, están moi unidos. Foron un grupo do que costa despedirse. Son os creadores de "palabros" tan divertidos como: "mascaretas", "brillancicos" e que cada vez que a profe lles pedía que escribiran a "fecha" eles debuxaban una flecha e rían. 😂
Moitas grazas as familias que sempre estiveron listas para colaborar. Moitas grazas polo vídeo que me quedará para recordalos sempre. Moitas grazas polos vosos agasallos, polo voso tempo e polo voso apoio e cercanía. 💜
Prometo visitas! 😊
Aquí temos a orla dos nosos graduados en Infantil, que aínda que neste último periodo, cada uno o facía dende a súa fiestra, seguimos tan unidos como sempre. 





👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏



Agora ...TODOS A BAILAR!


Aquí vos deixamos cancións de festa para bailar e disfrutar todos xuntos e facer desta despedida de curso, inda que non sexa como nos gustaría, o máis divertida posible. 






E...

CHEGAMOS Ó ÚLTIMO VENRES DE CONTO!!


ADICADO ESPECIALMENTE PARA OS NEN@S DE 5 ANOS!!

ESPERO QUE O DESFRUTEDES!!






E...


CHEGAMOS Ó FINAL!!



💖GRAZAS NEN@S!!!💖


.. por compartir as vosas mañás connosco, por regalarnos  todos os días os vosos sorrisos, por confiarnos os vosos primeiros secretiños, por buscar en nos esa protección que necesitabades , por facernos sentir importantes nas vosas vidas, por entendernos sen falar, polos vosos abrazos...


GRAZAS NEN@S, GRAZAS FAMILIAS! 







Despedímonos do curso  cun poema que os mestres de infantil queremos dedicarvos.

Ensinarás a voar,
pero non voarán  o teu voo.
Ensinarás a soñar, 
pero non soñarán o teu soño.
Ensinarás a vivir, 
pero non vivirán a túa vida.
Sen embargo... 
En cada voo,
en cada vida, 
en cada soño,
perdurará sempre a pegada 
do camiño ensinado.


Que teñades un moi feliz verán!!!





     


💛💜💟💪💋🎉🏀🏄👄💛🌸🌺🌟🌞🌞🌼🌺🍧🍧🎉🎈


#FELIZVERÁN#


jueves, 18 de junio de 2020

ACTIVIDADES PARA O XOVES 18 DE XUÑO.

Comezamos o xoves coa nosa penúltima asamblea.






Mañá será o último día deste curso. Os nenos de 5 anos graduanse en Infantil e o curso que vén pasarán a Primaria. Mañá colgaremos o seu paso por Infantil e a súa orla no blogue. Hoxe imos a cantar todos está canción de graduación pensando neles.






E como todos e todas sodes uns campións por portarvos tan ben nesta cuarentena, aquí tedes os vosos diplomas para imprimir e poñer os vosos nomes.









E...


Agora imos a facer unhas marionetas para inventar as nosas historias e deixar voar a imaxinación.


PRECISAMOS:
Folios.
Rotus, pinturas, temperas...
Texoiras.
 Pegamento.

Aquí vos deixamos modelos de marionetas para pintar e colorear. Unha vez feitas podemos inventar as nosas historias.



















DESPOIS DA MERENDA E DO DESCANSO...



HOXE EN VALORES IMOS A TRABALLAR O...



É MOI IMPORTANTE ATENDER AS CONDUCTAS IMPULSIVAS NOS NEN@S

COMPROBANDO QUE ESTA IMPULSIVIDADE É AXEITADA Ó SEU DESENVOLVEMENTO




PORQUÉ OS NEN@S SON IMPULSIVOS??

ESTÁN ADQUIRINDO A NOCIÓN DO TEMPO, CONVIVEN CO AQUÍ E AGORA O QUE OS LEVA A SER IMPACIENTES E A NON SABER ESPERAR!!




DE AHÍ A IMPORTANCIA DE SABER ESPERAR!!

PORQUÉ?

VIVIMOS NA SOCIEDADE DA INMEDIATEZ

AXUDEMOS OS NOSOS NEN@S A COMPRENDER O MUNDO QUE OS RODEA!!




TIPS PARA O ENSINO DO AUTOCONTROL!

ENTRENA EN AUTO INSTRUCCIÓNS Ó NEN@
MONOTORIZA A RESPOSTA
MODELA A CONDUCTA
EMPREGA TÉCNICAS DE AUTOCONTROL
ESTABLECE NORMAS CLARAS E CONCISAS
ESTABLECE LÍMITES
REFORZA OS SEUS LOGROS
NON CEDAS ÁS RABIETAS
EMPREGA ESTRATEXIAS DE SOLUCIÓN DE PROBLEMAS
SUPERVISA O NEN@

E AGORA...

A...


 TÉCNICA DA TARTARUGA






AXUDA Ó NEN@ A AUTOCONTROLARSE!!




E REMATAMOS O DÍA CUN...




  🐟ALMORZO MARIÑO!!!🐟


 A receita de hoxe trátase dun simpático peixe moi doado de facer con queixo fresco, amorodos,pan tostado,manzana e pera. Podedes darlle o voso toque persoal se o desexades.

Ánimo e esperamos ver os vosos peixes en canto os teñades!




 3 ANOS:debuxar o resultado final.



4 ANOS: escribir o título da receita e os ingrediemtes.




5 ANOS: escribir o título da receita , ingredientes e preparación.





DEICA LOGO!!!💓💓💓💓





#OCOLEESTÁAREMATAR#
                       


                 
        


           






















miércoles, 17 de junio de 2020

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 17 DE XUÑO

Comezamos o mércores con moita forza e coa nosa Asamblea.




E agora que está a piques de rematar o curso e comezan as vacacións de verano, pensemos o que queremos facer neste periodo:




Para inspirarnos temos algunhas ideas:






Ao comezo do próximo curso teremos un montón de aventuras que contar no cole.

E...


Agora chega o momento de moverse coa psicomotricidade!


Esta vez o aquecemento imos facelo bailando. A MOVERSE!











Moi ben chicos!
Agora toca o momento dos xogos nesta ocasión faremos RETOS DE AUGA xa veredes que divertido.


 Primeiro reto: "chorro refrescante" para facer este reto precisamos de que outra persoa suxeite unha mangueira. Temos que intentar cruzar dun lado para outro sen mollarnos. Primeiro o chorro será alto pero pouco a pouco irá baixando. 




Segundo reto: enchemos globos de auga e temos que explotalos co cu . Temos que explotar polo menos 3. 


-


 Terceiro reto: Encher unha tina con auga que levaremos nun vaso na cabeza sen que nos caia. 




Globocesto: Este reto consiste en ter que encher un cubo con globos de auga. Cántos sodes capaces de encestar sen que rompan? 
Poñemos un cubo a certa distancia e temos que intentar encestar no cubo tantos globos de auga como poidamos.

MOI BEN CHICOS!

Deixamosvos un video por se vos animades a facer algún xogo máis.





Chega o momento da relaxación coa respiración da abella. 








E...


DESPOIS DE MERENDAR E DESCANSAR...





CONTINUAMOS COA SEMANA DAS TARTARUGAS!!

HOXE IMOS AMOSARVOS...

ALGUNHAS DAS DIFERENTES TARTARUGAS MARIÑAS QUE EXISTEN!!

VEXAMOS ESTA IMAXE!!




XA SABEMOS UN POUCO MÁIS!!

AGORA ENTÓN...

CAl É A PRIMEIRA LETRA DE TARTARUGA??

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA!!!

A LETRA...

T





E PARA COMPLETAR...

IMOS CON UN ANAQUIÑO DE GRAFO!!

3 ANOS



4 E 5 ANOS






CHEGOU O MOMENTO DO...


😊QUEBRACABEZAS!!!😍

Rematamos a xornada de hoxe   realizando un quebracabezas e escoitando o conto "O PEZ ARCO IRIS"
Despois de recortar as tiras tedes que  ordear o quebracabezas e posteriormente pegalo nun folio ou nunha cartolina. Escribide o voso nome(3 anos) , nome e apelidos (4 e 5 anos).


Xa sabedes que podedes mandar foto do resultado final.

3 ANOS





4 ANOS




5 ANOS




E agora sentadiños con orellas de elefante e ollos de moucho escoitamos o conto" O PEZ ARCO IRIS".








VÉMONOS DE NOVO MAÑÁ!
👄💓💜💛💚😍👏


#SEMANADASTARTARUGASMARIÑAS#













martes, 16 de junio de 2020

ACTIVIDADES PARA O MARTES 16 DE XUÑO.

Bo día! Comezamos o martes coa Asamblea.




E agora seguimos cos recordos do curso que xa remata. Hoxe imos recordar aos nosos compañeiros:




Debuxamos algúns compañeiros de clase, cos que xogaremos de novo o curso que ven.  Os nosos nenos de 5 anos pasan xa para Primaria. Para eles é esta imaxe, para que se debuxen como graduados en Educación Infantil. 





E...

 TOCA...

INGLÉS!!


Agora imos a lembrar un pouquiño os animais en inglés. Estades preparados? pois comezamos!

Comezamos coma sempre lembrando o saúdo en inglés con esta canción.






Continuamos cunha canción para bailar e aprender o vocabulario dos animáis. 

THE ANIMAL SONG.

 Todos a bailar e cantar!





Aprendemos o vocabulario para nombrar os animáis do zoo. LEARN ZOO ANIMALS FOR KIDS. 





E para rematar e se facemos uns animaliños con rolos de papel? Xenial!






Aquí tendes algúns modelos de animaliños. 







E DESPOIS DE MERENDAR E DESCANSAR...



CONTINUAMOS NA SEMANA DAS TARTARUGAS




ASÍ QUE HOXE IMOS VISUALIZAR NESTE VÍDEO...

15 CURIOSIDADES DAS TARTARUGAS!!






CADA DÍA QUEDA MENOS PARA VER AS TARTARUGAS DO COLE!!

E AGORA QUE VOS PARECE SE TRABALLAMOS A MOTRICIDADE FINA??

IMOS DARLLE Ó ORIGAMI!!







E SEGUIMOS NA LIÑA DA MOTRICIDADE FINA...



 💪XOGOS DE MOTRICIDADE FINA!!!💪

Rematamos a xornada cunha serie de actividades dirixidas a estimular e desenvolver a MOTRICIDAD FINA. 

Os xogos que vos propoñemos teñen como finalidade que os nen@s vaian gañando forza en mans e dedos e desenvolvan a pinza dixital.


ACTIVIDADE 1 despegar e pegar gomets.





ACTIVIDADE 2 pintar as uñas.






ACTIVIDADE 3 introducir gomas elásticas nuns tubos ou recipentes.



                            

                            
ACTIVIDADE 4:  rasgar papeis   utilizando índice e pulgar con forza. 





ACTIVIDADE 5:  modelar e crear con plastilina: caras, animais, letras, flores, números, tartas...


    
                      


ESPERÁMOSVOS MAÑÁ!!!


#SEMANADASTARTARUGASMARIÑAS#