domingo, 20 de enero de 2019

A sorpresa do Polo Pepe "UN OVO" de que será.....

O xoves 17 ao chegar do patio tivemos unha gran sorpresa! o Polo Pepe estábanos esperando!

Traía con él unha notiña e como non, tivemos que lela ao momento.
A que non sabedes o que dicía? Pois si, o polo Pepe camiñando pola praia atopou algo moi interesante que o descubrirían ao abrir o baúl. Queredes saber o que é? 
SORPRESA!  era un OVO 








Quedamos todos abraiados e claro, comezaron a xurdir as dúbidas: que era o que podería estar dentro do ovo?. Saíron infinidade de cousas dende un crocodilo bo, un cabalo, un paxariño, unha moto, un canguro, e como non, un DINOSAURIO.
O Polo Pepe dicía na súa carta que tiñamos que metelo en auga e tocaba esperar uns días para o seu nacemento. Iso de esperar non nos fixo moita graza pero non queda outra e así fixemos. Estivemos buscando pola aula onde podíamos metelo e por fin atopamos un recipiente que nun principio  pareceunos axeitado inda que despois tivemos que cambialo porque o ovo non podía flotar. 





Agora queda o máis difícil....esperar. Imos anotando os días que tarde en nacer nun papeliño. Estamos todos desexando poder ver o que hai dentro do ovo.

1 comentario:

Rebe Pablo dijo...

A verdade es que están tod@s inpacientes,creo que hasta estamos nos
Desexando saber xa que hay nese vio