Estes días notamos que faltaba unha PIRULETA chamada Laura, e os seus nen@s quérenlle mandar esta mensaxe: QUERO VERTE!!!!! Volta pronto, profe, e mentras... moitos, moitos, moitos BICOS.
martes 17 de noviembre de 2009
viernes 13 de noviembre de 2009
PINTAMOS AO RITMO DA MÚSICA
Hoxe na aula de 3 anos, fixemos un gran mural por cada mesa. Diferentes músicas foron a nosa inspiración. Rápidas, lentas, alegres, relaxantes, ... primeiro cos ollos tapados e logo con eles ben abertos... Foi toda unha experiencia! E cos murais coloridos que fixemos, adornamos o pasillo.
Etiquetas:
3 anos
miércoles 11 de noviembre de 2009
MAGOSTO 09
Este curso tivemos que esperar un pouquiño máis para saborear as ricas castañas. A culpa a tivo a choiva! Pero mereceu a pena. Aproveitamos unha tregua do tempo, para encher os nosos cucuruchos de quentiñas castañas. E aínda que co patio mollado non puidemos facer xogos, bailamos mogollón!
Etiquetas:
celebracións
lunes 9 de noviembre de 2009
A Maga da Selva
A Maga da Selva volveu visitármonos. Esta vez pasou pola clase de 5 anos e deixou o seu saco cunha chea de sorpresas: unha láminas de Alicia e o Coello Branco para colorear e…. un PASAPORTE!!!!! Si,si, si. Un pasaporte para poder viaxar ao país das marabillas. Iso si, agora temos que acadar os autocolantes para poder usalo…a ver cando os conseguimos.
Etiquetas:
maga da selva
martes 3 de noviembre de 2009
viernes 30 de octubre de 2009
CELEBRAMOS O SAMAÍN
Para votar fora todos os nosos pesadelos celebramos o SAMAÍN. E cantando, disfrazándonos, bailando, ... co noso cucurucho cheo de caramelos, deixamos encerrados todos os nosos medos na caixa dos pesadelos, para ter sempre os mellores soños.
Etiquetas:
celebracións
jueves 10 de septiembre de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


