viernes, 27 de octubre de 2017

Coida dos bosques

Tedes na web do cole unha nova entrada sobre o video que fixemos xunto coa familia de dous nenos de infantil (Izan de 3 anos e Leire R. de 5), pero para que non quede ninguén sen avisar, repetímolo por aquí. 😊

Aproveitando que Mariana Pérez (a tia destes dous rapaces) é cantante, quixemos pedirlle que colaborara con nós para crear unha pequena canción sobre os incendios e así aportar a nosa visión sobre este suceso.

Estiveron dispostos ao 200% dende o primeiro momento. E aquí temos o resultado: unha auténtica maravilla.

Moitísimas grazas a toda a súa familia: avó, nai e especialmente á tía!

Se queredes ter máis información ou descubrir outras cancións de Mariana, podédelo facer clicando aquí: Canle de YouTube de Mariana Pérez.

E aquí a nosa canción, coas voces dalgúns nenos e nenas do cole nos estribillos e a melodía que nos regalou Mariana xunto coa súa magnífica voz. Coidemos dos nosos montes e bosques. 🌳🌷🌿🌹

3 comentarios:

Adela (mamá de Marina y Julia) dijo...

UN TRABALLO MOI BONITO E EMOTIVO.
GRAZAS E PARABÉNS!!

Mariana dijo...

Ha sido un placer poder participar en este proyecto tan chulo. Gracias al cole por hacer que cosas así salgan adelante. Un beso para todos los alumnos, lo han hecho muy bien. Gracias también a la profesora Sara de educación infantil por toda la ayuda.
FELICIDADES A TODOS. Coidemos dos bosques

Mestras dijo...

Sin vosotros no hubiera sido posible. De nuevo muchísimas gracias :)