miércoles, 1 de noviembre de 2017

Chegou o Samaín

Paseniño, paseniño chegou o día de Samaín.

No cole fixemos unha exposición na entrada con diferentes personaxes de medo. Ademáis das achegas que fixo cada un de forma persoal na casa, na clase preparamos un pequeno cemiterio.

O día 31, na celebración do magosto e Samaín, fumos ás clases de 3 e 4 anos a pedir caramelos (nós tamén lles demos cando viron a pedirnos) e as chuches que non comimos foron para casa dentro da nosa bolsiña monstruosa.

Ademáis, na merenda, puidemos probar os biscoitiños con forma de cabaza que fixo Julia coa súa familia e unhas filloas que trouxo un compañeiro de 3 anos.

Pero a merendola non remataba aí: todavía quedaban as castañas asadas que comimos no patio antes do recreo e os xogos populares. Xa vedes que fame non pasamos! 😄

Por último, despois do recreo, estivemos a xogar cos nenos de todo o cole a xogos tradicionais: a rá, a corda, goma elástica, chapas, mariola... Os que dirixian os xogos eran os nosos compañeiros de 6º de primaria e axudáronnos moitísimo. Todos o pasamos en grande!
Nestes días subiremos á web do cole as fotos dos xogos que fixemos todos xuntos, estade atentos. 😉

           

1 comentario:

Adela (mamá de Marina y Julia) dijo...

QUE BEN O PASAN!!!
ESTABAN TERRORIFICOS!!
🎃