lunes, 14 de noviembre de 2016

Contacontos en familia

Hoxe a nai e a avoa de Leire Rodríguez (unha compañeira de 4 anos) prepararon un conta-contos para todos os nenos e nenas de infantil.

A nai de Leire convertiuse nunha cociñeira con poderes máxicos: preparou una pizza e cunhas palabras máxicas que berramos todos xunta, a pizza cobrou vida e viu a contarnos o seu problema  (estaba triste porque algún neno tiraba comida, así que prometimoslle non tirar máis comida e cando non nos guste ou non teñamos fame, imos deixala para otro día).

Despois deso puidemos bailar e cantar todos xuntos. Ata fixemos unha foto con ela! Si, si, cunha pizza de tamaño xigante, mirade!




No hay comentarios: