lunes, 14 de noviembre de 2016

Menudo luns!

Hoxe no taller da profe Celeste fixemos as botellas da calma que levamos para casa. Con elas podemos xogar, decorar os nosos cuartos... pero o máis importante é que se algún día collemos un berrinche e necesitamos respirar para volver á calma podemos axitala e relaxarnos vendo caer a purpurina.

As profes pegaron os tapóns para evitar accidentes, así que non corremos perigo.

Ademais, a nai e a avoa de Leire Rodríguez viñeron a clase a facer un contacontos con todos os nosos compañeiros de infantil, non esquezades ver as actividades que nos prepararon con tanto cariño na entrada do seu contacontos.


No hay comentarios: