Chegamos ao fin do curso 2019-2020 e a última Asamblea.
E agora imos a despedirnos:
5 anos pasará o próximo curso a Primaria. Aquí está un resumo en fotos do seu paso por Infantil.
Moitas grazas as familias que sempre estiveron listas para colaborar. Moitas grazas polo vídeo que me quedará para recordalos sempre. Moitas grazas polos vosos agasallos, polo voso tempo e polo voso apoio e cercanía. 💜
Prometo visitas! 😊
Aquí temos a orla dos nosos graduados en Infantil, que aínda que neste último periodo, cada uno o facía dende a súa fiestra, seguimos tan unidos como sempre.
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Agora ...TODOS A BAILAR!
Aquí vos deixamos cancións de festa para bailar e disfrutar todos xuntos e facer desta despedida de curso, inda que non sexa como nos gustaría, o máis divertida posible.
E...
CHEGAMOS Ó ÚLTIMO VENRES DE CONTO!!
ADICADO ESPECIALMENTE PARA OS NEN@S DE 5 ANOS!!
ESPERO QUE O DESFRUTEDES!!
E...
CHEGAMOS Ó FINAL!!
💖GRAZAS NEN@S!!!💖
.. por compartir as vosas mañás connosco, por regalarnos todos os días os vosos sorrisos, por confiarnos os vosos primeiros secretiños, por buscar en nos esa protección que necesitabades , por facernos sentir importantes nas vosas vidas, por entendernos sen falar, polos vosos abrazos...
GRAZAS NEN@S, GRAZAS FAMILIAS!
Despedímonos do curso cun poema que os mestres de infantil queremos dedicarvos.
Ensinarás a voar,
pero non voarán o teu voo.
Ensinarás a soñar,
pero non soñarán o teu soño.
Ensinarás a vivir,
pero non vivirán a túa vida.
Sen embargo...
En cada voo,
en cada vida,
en cada soño,
perdurará sempre a pegada
do camiño ensinado.
Que teñades un moi feliz verán!!!
💛💜💟💪💋🎉🏀🏄👄💛🌸🌺🌟🌞🌞🌼🌺🍧🍧🎉🎈
#FELIZVERÁN#
3 comentarios:
Moitisimas grazas profes polo voso traballo, en especial nesta epoca tan dura para todos. Esperamos que pasedes un bo verán. Vémonos en setembro
Muchísimas gracias por este recuerdo tan bonito de nuestros peques. Como pasa el tiempo...Tania los niños te van a echar de menos. Un beso muy grande. Sentimos que tu despedida no haya podido ser más emotiva. Gracias por dedicarles un ratito a nuestros peques al profe de infantil. Besos
Que bonito todo! Que detallazo. Ata me emocionei! Pasade feliz verán. Unha aperta de Nuno e familia para todos!
Publicar un comentario