martes, 14 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA MARTES 14 DE ABRIL

BOS DÍAS CATIVOS!

XA REMATARON AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA E AGORA....SI! TOCA VOLVER AO TRABALLO DIARIO QUE VOS PROPOÑEMOS TODOS OS PROFES CON MOITA ILUSIÓN.

O PRIMEIRO COMO XA SABEDES É.....LEMBRADESVOS? MOI BEN! A ASEMBLEA!




XENIAL! SODES UNS CAMPIÓNS! POIS HOXE IMOS A SEGUIR CON ACTIVIDADES DE INGLÉS


IMOS REPASAR AS CORES.



- MIRAMOS O VÍDEO E INTENTAMOS REPETIR A PREGUNTA DA CANCIÓN. WHAT COLOUR IS IT? SINALANDO A ALGÚN OBXECTO COMPROBAMOS SE O NOSO FILL@ RESPONDE E DI A COR DO OBXECTO QUE INDICAMOS. PARA OS MÁIS ATREVIDOS, ANIMÁMOSVOS A QUE FAGADES A PREGUNTA WHAT COLOUR IS IT? E OS ADULTOS RESPONDEN.

- AGORA OUTRO VÍDEO DE UNS DOS PERSONAXES QUE NOS ENCANTAN!




A CONTINUACIÓN PODEDES DEBUXAR NUNHA FOLLA CINCO GLOBOS COMO ESTES QUE PODEDES COLOREAR DICINDO A COR QUE ELIXIDES.
- PARA SEGUIR REPASANDO AS CORES PROPOÑEMOS UN XOGO NO QUE REPASAMOS O VOCÁBULO APRENDIDO.





DESPOIS DA SESIÓN DE INGLÉS, TOCA A HORA DO DESCANSO E DA MERENDA!!


CONTINUAMOS CUN VIAXE POLO MUNDO DAS LETRAS!!


PARA 3 ANOS

Repasamos as vogais e fixámonos como se escriben en maiúscula.



Escollemos unha vogal. Buscamos, por casa, obxectos que comecen por a vogal escollida. Logo a facemos con plastilina. Para rematar, debuxamos un obxecto que comece por ela. 



PARA 4 ANOS

Repasamos o son que fai a letra S, como se escribe e que palabras comezan por S.





Buscamos, por casa, obxectos que comecen pola letra S. Logo a facemos con plastilina. Nun folio
escribimos en grande a S maiúscula e, debaixo, os nomes de tres obxectos que comecen por ela. Para rematar debuxamos un dos obxectos atopados.

PARA 5 ANOS

 Repasamos o sonido que fai cada letra. Como son tantas, podemos repasar cada día unhas poucas.


Logo, collemos un folio e o dividimos en tres columnas. Enriba de cada columna escribimos en grande unha letra (temos que escoller 3 letras) . Buscamos por casa obxectos que comecen por esas letras e escribimos os seus nomes na columna correspondente. Para rematar debuxamos tres dos obxectos atopados.


Estes videos e moitos máis os podedes atopar no canle de YouTube de Smile and Learn-Español.


E AGORA QUE REMATOU A VIAXE POLAS LETRAS.....IMOS VIAXAR COA LÓXICA-MATEMÁTICA A TRAVÉS DAS FIGURAS XEOMÉTRICAS, CONSTRUINDO O NOSO PARTICULAR XEOPLANO!!


APRENDEMOS FIGURAS XEOMÉTRICAS CON BOTÓNS!

Hoxe imos traballar con eses botóns que temos pola casa, que non temos botóns, que pode pasar...pois podemos empregrar os tapóns, se hay algunha chapa de botella por exemplo, pensade en obxectos pequenos con forma redonda.
Esta actividade axudará a comprender, relacionar, visibilizar e manipular e experimentar, as formas xeométricas partindo da realidade máis próxima, ademais ides traballar as formas e os cores!!
Para a realización deste tableiro, precisamos dun cartón dun tamaño adecuado e sobre este cartón pegamos con cola ou pegamento os botóns, chapas ou tapóns de diferentes medidas e cores.



É importante que estean colocados de xeito ordenado, así será máis sinxelo facer as figuras que lles pidamos.
Cando teñamos o tableiro feito podemos construir as figuras xeométricas, con gomas elásticas, lá ou fio, en base a obxectos que atopemos pola casa, un dado, un reloxo, unha goma de borrar..que teñen diante.
Tamén podedes aproveitar o tableiro, para que o decoren, facendo debuxos libres e potenciando a súa creatividade.
Unha idea pode ser facer varios tableiros e convertirse nun xogo de mesa. Quen é o primeiro en representar a figura xeométrica!!


E COMO NOS ENCANTA APRENDER XOGANDO, CHEGA O MOMENTO DA PSICOMOTRICIDADE!!


TRABALLANDO A LATERALIDADE.


Precisamos polo menos dous participantes neste xogo, aínda que poden ser moitos máis .

Un deles vai ser o que dá as ordes: fará distintas posturas, xestos, movementos...e os demáis , os espellos, terán que imitalos e facer o mesmo movemento. Escollede música clásica (pode ser a Primavera de Vivaldi) )ou instrumental que vos guste e... concentrádevos e a desfrutar!!!



Trabajando la Lateralidad | Jardín Vitamina





No hay comentarios: