Hoxe, a primeira hora da mañá, recibimos unha grandísima sorpresa.
Chegaron a clase tres "mensaxeiros" que trouxeron de parte de todas as familias de 3 anos un paquete de almorzo para as profes.
Agradecémovolo de todo corazón, xa sabemos que queredes que cheguemos ao cole coas pilas ben cargadas, pero non facía falta: os vosos peques xa nos espabilan cada mañá. 😁
Moitísimas grazas. Sodes marabillosos!
Unha aperta moi grande de Celeste e Sara.
2 comentarios:
Gracias sempre a vos!!!😘
Gracias a vosotras 😘😘
Publicar un comentario