domingo, 14 de enero de 2018

Visita á biblioteca

O mércores pasado fumos de excursión á biblioteca Juan Compañel. Alí puidemos descubrir o funcionamento da mesma, os materiais que podemos coller prestados (pois non soamente teñen libros como algún de nós pensaba), a clasificación dos libros... e o bibliotecario contounos varios contos e despois deixou que leramos pola nosa conta os libros que queríamos..

Todos os sábados teñen actividades de contacontos pola mañá e sempre que queiramos (ainda que non teñamos o carnet da biblioteca) podemos ir a ler contos sen levalos a casa, polo que se queredes podedes acercarvos para pasar un bo rato viaxando entre libros.

PD: Hoxe tamén subimos a entrada sobre a visita á Fundación Sales que tiñamos pendente.

2 comentarios:

Mama de Carmen dijo...

Que concentrados estan todos hace gracia verlos a todos asi y disfrutando mucho con lo que hacen

Adela (mamá de Marina y Julia) dijo...

Si, las excursiones siempre son emocionantes para ell@s...