domingo, 14 de enero de 2018

Fundación Sales

Tiñamos pendente esta entrada dende o trimestre pasado! 😱

O mércores antes de marchar de vacacións fumos á Fundación Sales a ver o seu magnífico xardín, onde teñen moitas especies vexetais procedentes de todo o mundo.

Percorrimos as instalacións dende o xardín xurásico ata a antigua casa de Sales pasando polo "avó carballo" ou o estanque dos nenúfares. Ademais tamén plantamos sementes de carballo (ás que lle fixeramos a proba para ver se valían para plantar ou non). Cando medren teremos que plantalas na terra e non fará falta sacalas da maceta porque é biodegradable e unha vez na terra xa se desfai sóa.

Aprendemos un montón de cousas sobre as plantas!

E fixemos tantas fotos que en vez de subilas aquí tivemos que facer unha galería de fotos que podedes ver clicando sobre a seguinte foto.

https://photos.app.goo.gl/aKGuEaNyPrAnD3CA2

1 comentario:

Mama de Carmen dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.