viernes, 16 de junio de 2017

Volvemos ao punto de partida

Esta semana rematamos a nosa viaxe polo mundo depois de descubrir algunhas cousiñas de EE.UU. e Nova Iorque. O que máis nos gustou foi a Estutua da Liberdade e os enormes rañaceos que teñen.

Aproveitando a volta a Londres coa consecución da aposta e a festa de celebración, quixemos comer unhas palomitas de maiz. E xa que volviamos de Estados Unidos, pensamos que podíamos meter na maleta un pouquiño de maiz, pois sabemos que este producto é orixinario de America do sur.

Con esto o noso proxecto está prácticamente rematado, unha mágoa porque disfrutamos un montón viaxando pola xeografía do noso planeta, pero quedamos cos recordos desta gran viaxe xunto a Willy Fog e os seus amigos.


 

No hay comentarios: