Hoxe celebramos no cole os aniversarios dos nacidos durante o verán.
Comezamos preparando as nosas coroas coa axuda dun compañeiro que non
estivera de aniversario (casualmente a metade estaba de aniversario e a
outra metade eran os "convidados"). Despois fixemos a merendola, fumos ao patio e ao volver tomamos a tarta.
Ah, e tivemos como convidado especial ao irmán de Leire Rodríguez que se achegou a merendar!
Estabamos todos encantados e pasámolo en grande!
Parabéns a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario