lunes, 22 de mayo de 2017

Cantas cousas de India!

Hoxe estivemos rematando a nosa breve viaxe por India. Cada vez coñecemos máis cousas dos diferentes países do mundo!

A primeira hora coa nai de Leire Bernárdez descubrimos cal é a lenda dos atrapasoños e cun xogo máxico apareceu un ao noso carón mentres "durmimos". Así podemos colocalo no noso cuarto para non ter pesadelos pola noites.

Despois quentamos un pan indio no forno (xa viña preparado e cheiraba a especias) e o comimos coas sardinillas que nos quedaran de Exipto.

Nada máis rematar de comer, limpámonos e decoramos as nosas mans con tatuaxes típicas da India feitos con "henna", que é unha pranta da que collen as follas, sécanas e convértenas en pó que despois mezclan con auga, cítricos e aceite para facer una pasta semellante ao barro. Ainda que duran bastante, estas tatuaxes non son permanentes e irán saíndo progresivamente cos lavados (máximo tres semanas, pero adoitan borrarse antes, incluso nunha semana). Algúns atrevéronse a facer por eles mesmos as tatuaxes, outros pediron axuda a un compañeiro ou á profe.

E xa para rematar e para deixar constancia das nosas tatuaxes, fixemos o mesmo pero cada un sobre a silueta do seu brazo nun papel.

Así a partir de agora centrarémonos no país de China. 😊

4 comentarios:

Adela (mamá de Marina y Julia) dijo...

Que chulada!! Julia viña toda contenta coa súa tatuaxe feita con "terra"...
E nos explicou polo miudo, que era o atrapasoños e como funcionaba.
Moitas grazas!!

Adela (mamá de Marina y Julia) dijo...

Que chulada!! Julia viña toda contenta coa súa tatuaxe feita con "terra"...
E nos explicou polo miudo, que era o atrapasoños e como funcionaba.
Moitas grazas!!

Sara dijo...

A verdade é que as tatuaxes triunfaron e borráronse relativamente rápido (en parte porque tampouco o deixamos secar o tempo recomendado de 24 horas).

Posiblemente repitamos a experiencia porque sobrounos algo de henna e todos queren repetir.

Se queredes mercar para facelo na casa, podedes atopalo nunha tenda india que temos no casco vello, chámase "Allur" (rúa Méndez Núñez, 14).

Adela (mamá de Marina y Julia) dijo...

Pois seguramente me pase, porque Marina quedou con ganes de facerse un como a súa irmá Julia ;)
Moitas grazas!!!