viernes, 24 de febrero de 2017

Todo listo para o entroido


Que nervios! Xa chegou o día.

Hoxe puidemos sair a bailar e disfrutar do entroido grazas á axuda das familias da nosa clase. 

Especialmente gracias a Sheila (nai de Nayara) e Paula (nai de Leire Rodríguez) que elaboraron os disfraces que lucimos con tanto arte hoxe. Sabemos que outras familias ían vir a colaborar no taller de confección de disfraces, pero estas nais tan amañadas remataron todo en moi pouco tempo e non foi necesario volver pola tarde.

Ademais para vestirnos e maquillarnos no propio día contamos coa axuda de Ana (por parte de Lucía), que estivo ao pé do canón ata a nosa entrada na pista.

Xa vedes que temos un montón de colaboradores! Grazas a todos vós o desfile luciu así de ben hoxe.
Próximamente subiremos as fotos e videos da nosa actuación, estade atentos e...


FELIZ E DIVERTIDO ENTROIDO!

No hay comentarios: