jueves, 23 de febrero de 2017

Os cabalos da familia de Manu!

Hoxe a familia de Manuel viu ao cole a ensinarnos os cabalos dos que tanto fala Manu na clase.

Pasámolo xenial, primeiro puidemos achegarnos sen montar ruido para non asustalos e cando collimos confianza empezamos a montar neles por turnos (os que se atreveron, pois outros non chegaron a coller suficiente confianza), ata que xa sen medo algúns corrían agardando a que chegase o seu momento de volver a montar.

Despois de montar varias veces, ver as súas ferraduras e dar un par de paseiños, baixaron o resto de compañeiros do cole para ver o espectáculo, pois non todos teñen a sorte de ver un cabalo tan de preto todos os días.

Aquí tedes as fotos para que vexades o ben que o pasamos con eles, e un video coas fotos nas que sae todo o cole cos cabalos.

Ah, por certo, o máis divertido foi o "pasteliño" de despedida que deixou un dos cabalos pouco antes de marchar jeje.

Moitas gracias á familia de Manuel, que ademais agasallounos cunha bolsiña de chuches :)
 

No hay comentarios: