lunes, 20 de febrero de 2017

Merendando na cafetería

O pasado venres, todos os nenos e nenas de infantil fumos ata a cafetería "Berdy Coffe" onde puidemos tomar un sandwich quentiño cun zume ou batido de chocolate. Ademais, como sabían que somos moi larpeiros, déronnos uns gusanitos, galletas con chocolate e un Chupa-chups a cada un.

A verdade é que foron moi atentos con nós e puidemos disfrutar dunha merenda especial, coñecendo unha das tendas que rodean o cole,  aproveitando o día soleado que tiñemos para dar un paseiño ata a cafetería.

Sen dúbida quedamos con ganas de volver outro día! :)

No hay comentarios: