Hoxe coa nai de Julia fixemos pan de millo. E ademais tamén puidemos experimentar o proceso de elaboración da fariña (debullamos, moemos e peneiramos).
E como Adela (a mamá de Julia) é moi previsora, durante o tempo que o pan estivo a levedar, trouxo a un amigo seu que é cantante para que todo fora máis divertido. Chámase Servando Barreiro e con el cantamos (entre outras) a canción sobre o millo que ten no sou libro "A música das árbores".
Que ben o pasamos! Mirade, mirade! Se ata os nenos e nenas de 3 anos achegáronse a bailar un ratiño!
2 comentarios:
Dende logo que a de hoxe, foi unha grande experiencia.
É unha clase fantástica, prestaron moita atención e experimentaron e gozaron de cada momento do proceso de elaboración do pan.
De seguro que na casa poderán axudar a facer este pan tan rico, xa vedes que a receita é moi sinxela, ademáis de ter o valor sentimental engadido, de ser a receita da avoa da profe Sara! ;)
Servando quedou moi agradecido por ter un público tan entregado.
Grazas profes por darnos ás familias a oportunidade de participar activamente.
Que palabras tan bonitas! Gracias a ti por facer esta actividade tan divertida e por presentarnos a Servando.
Ás profes encántanos que veñades ao cole, nestas actividades todos aprendemos algo :)
Publicar un comentario