viernes, 18 de noviembre de 2016

Mercando a merenda

Como sabedes, todos os venres os nenos e nenas de 6º de primaria venden merendas preparadas por eles e as súas familias para axudar a financiar a súa viaxe de fin de curso.

Hoxe ademais dos cartos, levamos a cámara para que poidades ver o ben que mercamos a nosa merenda cos 50 céntimos que traemos de casa.

Dentro de pouco poderemos ir a mercar no voso lugar (ainda que algún ainda esquece pagar despois de elexir o que quere comer).

PD: Hoxe tamén rematamos o conto que trouxo Mara ao cole, non esquezades entrar na súa entrada para ver as súas fotos! Podedes facelo clicando aquí: "El día que se fueron los alimentos saludables".

     

No hay comentarios: