Onte, coa axuda da nai de Leire Bernárdez, convertímonos en pasteleiros e pasteleiras por un día.
Algo que xa comezara hai unhas semanas, pois a nai de Leire confeccionou un delantal e un gorro de cociñeiros para cada un de nos que xa probáramos na clase cando chegou a sorpresa, e onte por fin puidemos estrealo para facer o taller de cociña con ela.
Empregamos unha receita de biscoito de chocolate que trouxeron da casa. Nesa receita empregamos como medida un vasiño de iogur co que fumos practicando a numeración de paso que practicabamos como cociñeiros. Ademais, cada vez que engadíamos un ingrediente novo a nai de Leire preguntaba de que orixe eran (animal, vexetal ou mineral). Xa vedes, que a través desta receita tan divertida practicamos outros conceptos que temos presentes no noso día a día.
Moitas grazas á nai de Leire por ensinarnos a preparar este biscoito tan rico!
Se queredes repetilo na casa deixámosvos un video coa receita e os pasos a seguir.
Por certo, ao final do día xa non quedaba nada, seica estaba moi bo! :)
Aquí tedes as fotos da actividade:
E aquí o video da receita coas cantidades e ingredientes:
Á vosa saúde!
2 comentarios:
Que chulada que as nenas/os podan realizar estas actividades no cole!!! Moitas grazas profes e mamá de Leire por todo o traballo.
No cole tamén estamos encantadas coa gran participación e interese que amosades dende a casa. Sen vos non sería posible :)
Publicar un comentario