sábado, 5 de noviembre de 2016

As sorpresas da semana (actualizado)

Esta semana foi curta, pero non por iso menos entretida.

O mércores chegou a clase un novo compañeiro (o "buhito" da clase que deseñamos entre todos elixindo as súas cores, forma... e que estivo en "fabricación" ata esta semana). Entre todos decidimos que sería unha femia e que se chamaría Paula.



Ademais, o venres, Leire Rodríguez sorprendeunos cun video que preparou na casa no que, como unha cociñeira profesional, explicaba como fixo o biscoito que despois puidemos tomar na merenda e que estaba riquísimo. Moitas grazas a Leire e aos seus axudantes!




1 comentario:

Adela (mamá de Marina y Julia) dijo...

Encántanos a nova compañeira Paula!!
A Julia gustáronlle moito os biscoitos de Leire e o video tamén.❤ 😀