viernes, 21 de noviembre de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS

Neste curso iniciamos unha nova actividade da biblioteca do colexio: as MOCHILAS VIAXEIRAS.
A lectura ten o seu tempo diario nas aulas de Educación Infantil, xa que influe positivamente na formación e desenvolvemento persoal dos vosos fillos/as. Tendo en conta que os nenos/as de Infantil son "lectores por conta allea" consideramos que deben ter axuda na casa, e por iso pedimos a vosa importantísima colaboración nesta actividade: contándolles os contos aos máis pequenos, axudándolles no seu correcto coidado e manipulación, vendo os vídeos ou xogox con eles/as, etc.
Dentro da mochila atoparedes unha pequena selección de libros e outros materiais para toda a familia. Xunto con estes materiais tamén viaxa un Caderno Viaxeiro no que, de forma voluntaria, cada familia escribirá o nome do alumno/a, a data na que recibiu a mochila e o que máis lle gustou da actividade, así como suxerencias, algún debuxo do neno/a, fotografias, manualidades... é un espazo libre para expresarvos como queirades.
Podedes tela na casa durante dúas semanas.
Nico foi o primeiro en levala e xa lle deu o relevo a Bruno, pronto voltará a clase para que outro neno a leve.

No hay comentarios: