Bo día! Comezamos o martes coa Asamblea.
E agora seguimos cos recordos do curso que xa remata. Hoxe imos recordar aos nosos compañeiros:
Debuxamos algúns compañeiros de clase, cos que xogaremos de novo o curso que ven. Os nosos nenos de 5 anos pasan xa para Primaria. Para eles é esta imaxe, para que se debuxen como graduados en Educación Infantil.
E...
TOCA...
INGLÉS!!
Agora imos a lembrar un pouquiño os animais en inglés. Estades preparados? pois comezamos!
Comezamos coma sempre lembrando o saúdo en inglés con esta canción.
Continuamos cunha canción para bailar e aprender o vocabulario dos animáis.
THE ANIMAL SONG.
Todos a bailar e cantar!
Aprendemos o vocabulario para nombrar os animáis do zoo. LEARN ZOO ANIMALS FOR KIDS.
E para rematar e se facemos uns animaliños con rolos de papel? Xenial!
Aquí tendes algúns modelos de animaliños.
E DESPOIS DE MERENDAR E DESCANSAR...
CONTINUAMOS NA SEMANA DAS TARTARUGAS
ASÍ QUE HOXE IMOS VISUALIZAR NESTE VÍDEO...
15 CURIOSIDADES DAS TARTARUGAS!!
15 CURIOSIDADES DAS TARTARUGAS!!
CADA DÍA QUEDA MENOS PARA VER AS TARTARUGAS DO COLE!!
E AGORA QUE VOS PARECE SE TRABALLAMOS A MOTRICIDADE FINA??
IMOS DARLLE Ó ORIGAMI!!
E SEGUIMOS NA LIÑA DA MOTRICIDADE FINA...
💪XOGOS DE MOTRICIDADE FINA!!!💪
Os xogos que vos propoñemos teñen como finalidade que os nen@s vaian gañando forza en mans e dedos e desenvolvan a pinza dixital.
ACTIVIDADE 1: despegar e pegar gomets.
ACTIVIDADE 2: pintar as uñas.
ACTIVIDADE 3: introducir gomas elásticas nuns tubos ou recipentes.
ACTIVIDADE 4: rasgar papeis utilizando índice e pulgar con forza.
ACTIVIDADE 5: modelar e crear con plastilina: caras, animais, letras, flores, números, tartas...












No hay comentarios:
Publicar un comentario