lunes, 15 de junio de 2020

ACTIVIDADES PARA O LUNS 15 DE XUÑO.

Bos días. Esta é a última semana. Comezamos con forza e a nosa Asamblea.


E agora imos a recordar os momentos máis importantes de este curso que xa remata. 



Debuxade 3 recordos que teñades deste curso.  Deixamos algunhas ideas:














AGORA...


Seguimos coa creatividade pero con  un pouco de maxia. Imos a facer debuxos e mensaxes secretos. Estades preparados? Pois a por ela!

Para facer esta actividade precisamos: 

 Un folio branco.
Cera branca.
Acuarela ou témpera..
Pincel. 

Se xa temos todo...mans a obra!
No folio en branco facemos un debuxo ou pomos unha mensaxe e aínda que a simple vista non podamos miralo...veredes que pasa se collemos un pincel e acuarela ou tempera e pintamos por riba e...SORPRESA! xa podemos mirar o debuxo ou a mensaxe! 












Aquí vos deixamos un video para que poidades entender o proceso. 






DESPOIS DA MERENDA E DESCANSAR...



CONTINUAMOS NA LIÑA DA CELEBRAR CONMEMORACIÓNS RELACIONADAS CO MUNDO DA NATUREZA E O MEDIO AMBIENTE...


RECORDADE A IMPORTANCIA DO COIDADO E RESPETO CARA O NOSO MEDIO!!!


ESTA SEMANA CONMEMORAMOS...

A SEMANA DAS...


 TARTARUGAS MARIÑAS!!






QUE VOS PARECEU COÑECER COMO VIVEN, AS DIFERENTES ESPECIES, O SÚA ALIMENTACIÓN...?

E AGORA...

QUE VOS PARECE SE APRENDEMOS A DEBUXAR UNHA TARTARUGA?




COLLEDE LÁPIS OU ROTUDOR E UN PAPEL

E AGORA...


MANS Á OBRA!!

💪💪XOGOS!!!💪💪



Para rematar a xornada de hoxe propoñémosvos dous xogos para facer en familia.
O primeiro é un xogo de puntería. Collede uns vasiños e suxeitádeos co celo no extremo dunha mesa. Dende o outro lado podedes ir lanzando bolas a ver se sodes quen de encestar. Tamén podedes facer boliñas e levalas soprando ata un dos vasiños.

                                      
 O segundo é o xogo das cores.Para xogar precísanse dúas ou máis persoas: unha di  a cor  que queira. Teredes  que buscar pola casa un obxecto que teña esa cor. Gaña o que poña antes  nun cesto un obxecto ou varios que teñan esa cor. Tamén podedes probar con formas, tamaños... 



            
  O martes estaremos aquí de novo e como na asamblea pasamos lista!!!👄         
                 


No hay comentarios: