Bos días piruletas!
Chegou o venres! último día da semana. Que rapidiño, verdade? pois a por as tarefas de hoxe!
Comezamos como xa sabedes coa asemblea e coa nosa gráfica do tempo.
PREMEDE AQUÍ PARA FACER A ASAMBLEA
Agora chega o momento da música! a por ela!
Comezamos cunha canción para bailar e facer sons.
Moi ben chicos!
Que imos facer agora? pois...aprender unha canción que nos propón a profe Raquel que se chama Bingo. Nesta canción teredes que ir sustituíndo as letras por sons que imos facer co corpo. Xa veredes que divertido. Estades preparados? pois a por ela!
Pero que ben o facedes!
Pois que vos parece se agora imos a aprender as notas musicais? xa veredes que faciliño é con esta canción.
CONTINUAMOS CON...
PAXAROS NA CASA.

Para rematar imos a facer unha flauta casera.
Qué precisamos?
-Cartulina
-Témpera de cores.
-Tesoiras
-Regra.
-Lápis.
-Silicona fría.
-Compás
-Cúter.
Xa temos todo? pois podemos empezar. Eso si, temos que facelo cun adulto porque temos materiais que os pequenos non poden manexar.
Aquí vos deixo un vídeo para que poidades facelo paso a paso.
CONTINUAMOS CON...
PAXAROS NA CASA.
Dende a miña fiestra escoito os páxaros, tamén cando paseo... seguimos na PRIMAVERA. Facemos uns paxariños para a nosa habitación?
Podemos usar envoltorios de madalenas.
Pratos de papel.
Cartolinas ou teas, plumas...
Paos, plastilina, la ...
Esperamos fotos das vosas creacións.
E agora a bailar!
E SEGUIMOS DE MUSEOS!!
POIS AGORA IMOS FACER UNHA VISITA O MUSEO...
FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO
E REMATAMOS PROPOÑENDO FACER A NOSO PROPIO
RETRATO DE ROSALÍA
COLOREADE LIBREMENTE!!
DEIXADE VOAR AS CORES!!
E AGORA...
IMOS IMAXINAR CON...
⚓⚓DANIELA PIRATA.⚓⚓
Hoxe convidámosvos a escoitar un conto "Daniela pirata" .
Despois de escoitar o conto, imos responder as seguintes preguntas:
⚓Quen é a protagonista?
⚓ Que quere conseguir?
⚓Consígueo?
⚓ Como logra ser pirata do Caimán Negro?
Podedes ensinarlle o título, fixarvos nas letras que o compoñen, preguntarlle como se chama cada unha desas letras, como soan, se hai algunha letra que tamén estea no seu nome, ou no de mamá, ou no de papá, podedes decirlle que as conte...
Tamén podedes facer un debuxo sobre o conto, ou que o neno/a se debuxe a si mesmo como un/unha pirata, inventade un nome de pirata...
E a continuación faremos a nosa manualidade, un sombreiro pirata: cunha cartolina negra, grapadora e debuxo de pirata. Se non tedes cartolina, tamén podedes facelo con dous folios pintados polos nen@s, ou incluso de cores, quen dixo que todos os sombreiros de pirata teñen que ser negros?
ESPERÁMOSVOS AQUÍ O LUNS E PASAMOS LISTA!!!👄👄👄
#BOAFINDE#

No hay comentarios:
Publicar un comentario