lunes, 25 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA O LUNS 25 DE MAIO.

Bos días chicos!
Comeza a semana! Tendes ganas de traballar, verdade? así nos gusta! pois a dalo todo!.
Comezamos coma sempre coa nosa asemblea e a gráfica do tempo. Estade atentos que esta é a última semana do mes de maio e cando remate teredes que comparar os días que fixeron sol, nubrado...



Agora imos a traballar coas letras. Estades preparados? pois imos buscar por casa periódico, revistas, ou folletos do supermercado onde aparezan letras.



Temos que ter unha tesoira

Comezamos! imos a recortar as letras do noso nome e unha vez que as teñamos todas representamolas con obxectos. Nós representamos os nosos nomes. Queredes miralos? pois aquí os tedes:






Agora é o voso turno! se vos atrevedes podedes facer o de algún compañeiro ou familiar. Esperamos con entusiasmo as fotiños das vosas creacións. 


E AGORA....

A PÒLA LÓXICA-MATEMÁTICA!!


CORES, NÚMEROS E ORDINAIS.
Comezamos por un conto:

Traballo para 3 anos:
Coloreamos as galiñas da cor correpondente por orde de aparición no conto.

Traballo para 4 anos:
Agora debuxamos cada galiña nun cercado, segundo a súa cor, e por orde.



Traballo para 5 anos:
Escoita e pega os coelliños no seu lugar:
"A proba está a piques de comezar. Pero faltan algúns coelliños. "
-O coelliño con lentes vai entre o segundo e o cuarto. En que plataforma de saída ten que estar colocado? 
-O coelliño co traxe de baño amarelo nada na última carreira. En que plataforma debería estar? 
-O coelliño con aletas vai logo do sétimo, de que plataforma sae?
-A coelliña con bikini vai entre o cuarto e máis o sexto. Cal é a súa plataforma de saída? 
Completa os números ordinais que faltan.






E CONTINUAMOS CON...

CONMEMORANDO...


O DÍA EUROPEO DOS PARQUES NATURAIS

VISITAREMOS AS FRAGAS DO EUME



ESTE PARQUE POSUE UNHA AMPLA REDE DE SENDEIROS MOI ELABORADA..

HAINOS DE PEQUENO E MEDIANO PERCORRIDO

PODEMOS OBSERVAR DIVERSAS CLASES DE BOSQUES

COIDADO E RESPETO DA NATUREZA!!




FAGAMOS UNHA VISITA VIRTUAL!!



E AGORA IMOS A REALIZAR UNHA ACTIVIDADE RELACIONADA CO MUNDO DA NATUREZA!!

MR POTATO!!

SABEMOS QUE VOS ENCANTA MR POTATO!!

E HOXE...

IMOS REINTERPRETALO!!!


MATERIAIS

BOTELLA DE PLÁSTICO

CLAVO OU ALGO PARA PERFORAR A BOTELLA
TESOIRAS
PEGAMENTO
SUSTRATO
SEMENTES



PROCESO

CORTAR A BOTELLA A ALTURA QUE QUEIRADES
PERFORAR CO CLAVO OU PUNZÓN POR EXEMPLO NA BASE DA BOTELLA
PEGAR O TAPÓN DA BOTELLA
FORMAMOS OS OLLOS CON RECORTES DE PLÁSTICO BRANCO E NEGRO
PEGAMOS OS OLLOS SOBRE O NARIZ
RECHEAMOS A BOTELLA CO SUSTRATO
PODEDES COLOCAR UN POUCO DE GRAVA NO FONDO PARA DRENAR
PLANTAMOS AS SEMENTES E TAPAMOS CON UN POUCO DE SUSTRATO
TEDES QUE REGAR PARA QUE XERMINEN AS SEMENTES
ESPEREMOS A VER COMO XERMINAN!!


E AGORA...

SORPRESA!!


BRUXAS!!!

E para rematar imos a crear á bruxa do conto "A CASIÑA DE CHOCOLATE".


 Como base,necesitamos un rolo de cartón de papel hixiénico.
Podemos pintalo con témpera, acuarela...
Para a cara, debuxaremos as partes ou poñeremos os diferentes elementos con materiais que teñamos en casa: ollos móbiles, botóns, bolitas de plastilina...
Para o pelo, podemos cortar tiras de papel de diferentes cores, tiras de papelde xornal, anacos de la...
O chapeu, podemos debuxalo en goma eva, cartolina,cartón, papel de xornal e logo decoralo con purpurina, adhesivos...
Podedes sacarlle unha foto as vosas bruxas e mandalas.



 E para rematar escoitamos o conto:"A CASIÑA DE CHOCOLATE".🍫🍫🍫🍫



 ATA O MARTES!!!👄



#XUNTOSPODEMOS#













No hay comentarios: