martes, 5 de noviembre de 2019

Corre corre, cabaciña.


O mércores puídemos representar e vivenciar este coñecido conto, grazas a colaboración da nai de Rubén e Eloy que nos prestou todo o material.


Era unha vez unha velliña que vivía nunha casa da aldea.
Un día recibiu unha carta: a neta ía casar e quería invitala á voda.





A avoa púxose tan contenta que botou a andar axiña para non chegar tarde.


Ao cabo dun pouco atopu un lobo, que lle dixo:
-Avoíña, voute papar!
-Non me comas, lobo, que estou moi fraquiña!-dixo ela- vou á voda da miña neta e cando volva estarei máis gorda.
O lobo pensou que a velliña era todo ósos e deixouna ir: 
-Pois vai, que aquí te espero!


Algo máis adiante, a avoa atopu un oso, que lle dixo:
-Avoíña, voute papar!
-Non me comas, oso, que estou moi fraquiña!-dixo ela- vou á voda da miña neta e cando volva estarei máis gorda.
O oso pensou que a velliña era todo ósos e deixouna ir: 
-Pois vai, que aquí te espero!


Xa case no final do camiño atopu un león, que lle dixo:
-Avoíña, voute papar!
-Non me comas, león, que estou moi fraquiña!-dixo ela- vou á voda da miña neta e cando volva estarei máis gorda.
O león pensou que a velliña era todo ósos e deixouna ir: 
-Pois vai, que aquí te espero!

A velliña chegou á casa da neta e, asustada, contoulle o que pasara.
A neta díxolle que non se preocupase; e, como era tarde, foron durmir.
Ao día seguinte celebraron a voda cunha festa rachada.


Cando chegou a hora de volver para a casa, lembrou as tres feras que estaban agardando no camiño, e entroulle o medo.


Entón a neta foi correndo á horta, cortou a cabaza máis grande que atopou e abriulle unha porta pequerrecha.


A velliña meteuse dentro da cabaza e a neta botouna a rodar polo camiño.


Ao pouco pasou por onde estaba o león, que preguntou:
-Cabaza, cabaciña, non viches por aí unha velliña?
A avoa, desde dentro, respondeu:
-Non vin vella nin velliña, nin velliña nin vellón. 
Corre corre, cabaciña. Corre corre, cabazón!
O león quedou pampo e a avoa seguiu rodando.

Maís adiante estaba o oso, que preguntou:
-Cabaza, cabaciña, non viches por aí unha velliña?
A avoa, desde dentro, respondeu:
-Non vin vella nin velliña, nin velliña nin vellón. 
Corre corre, cabaciña. Corre corre, cabazón!
O oso quedou pasmado e a avoa seguiu rodando. 


Xa case chegando á casa, estaba o lobo afiando os dentes. ao ver a cabaza, preguntou:
-Cabaza, cabaciña, non viches por aí unha velliña?
A avoa, desde dentro, respondeu:
-Non vin vella nin velliña, nin velliña nin vellón. 
Corre corre, cabaciña. Corre corre, cabazón!
O lobo quedou abraiado e a avoa seguiu rodando. 

A velliña chegou á casa toda contenta por ter burlado o lobo, o oso e o león.
As tres feras, fartas de esperar horas e horas, caeron durmidas no camiño e soñaron con cabazas faladoras.



  Para rematar pola maxia do Samaín , convertémonos todos na avoíña dentro dunha cabaza xigante!




















E colorín colorado, este conto está contado.

3 comentarios:

Rosi Mario dijo...

👏👏👏👏bravo!!!!!!
Que guapísim@s tod@s as cabaciñas🎃

Nando dijo...

Este cuento les encanta, se pasan todo el día cantando la canción...y ahora la canción de la castaña

Mestras dijo...

É un conto que nos da moito xogo. As cancións son moi pegadizas e eles cantan moi ben. Temos moitas ganas de Magosto, Samaín e de festa!