Hoxe celebramos no cole os cumples de Mara, Leire Rodríguez, Manuel, Nayara e Lucía. Como vedes case a metade da clase cumple en verán! 😎
A merenda estivo riquísima, con moita variedade: comezando pola froita e rematando cos xeados!
E aproveitando que estamos nos últimos días estivemos xogando ao xogo de mesa (versión dixital) sobre a auga que nos trouxera Leire R. e que tanto lles gusta.
Con estes cumples xa rematamos as celebracións do curso, as próximas xa serán... EN PRIMARIA! 😲
No hay comentarios:
Publicar un comentario