viernes, 8 de junio de 2018

Agardando pola nosa mariposa

A semana pasada Diego (pai de dúas compañeiras maiores e membro da ANPA) deixounos unha eiruga xa bastante crecidiña para ver se conseguimos ver a súa transformación en mariposa a tempo.
Os primeiros días comía fiuncho, pero ao pouco xa deixou de comer, fixo o seu arnés e comezou a formar a crisálida, punto no que nos atopamos agora mesmo.

Teremos que agardar 2 semanas ata que a mariposa saia da crisálida e finalice o seu proceso de transformación (a ver se nos da tempo antes de marchar d vacacións). Todos os días imos a ver se cambiou algo, pero polo de agora teremos que agardar un pouquiño máis.

Onte Diego tamén puido vir a clase a explicarnos a parte do proceso que non puidemos vivir (o nacemento dos ovos e as primeiras fases da eiruga).

Estamos todos emocionados coa nosa futura mariposa!

No hay comentarios: