jueves, 5 de abril de 2018

Xa vemos sinais da primavera!

Onte Julia trouxo ao cole dous caracois pequeniños que xa nos indican que a primavera está aquí (ainda que algúns días pareza o contrario).

Hoxe descubrimos que durante a noite fixeran caca no tupper e puidemos sacalos un ratiño para que pasearan polas nosas mans, facían moitas cóxegas e ainda que ao principio algúns eran reticentes a tocalos ao final animáronse.

Mirade que pequeniños son! 

Por certo, chámanse Turbo (o máis grande) e Conchita (a máis pequena) 🐌🐌

2 comentarios:

Adela (mamá de Marina y Julia) dijo...

Turbo e Conchita voltaron ao seu fogar sans e salvos 😅 aínda que Julia tivo un accidente con Turbo, o que lle provocou un pequeno traumatismo na súa casiña, o cal cun pouco de reposo ao aire libre, de seguro curará axiña.
Xa están os dous no xardín, xunto ás verduras, para que podan medrar sans 👏👏👏

Mestras dijo...

Moitas grazas por traelos ao cole, foi unha experiencia moi divertida para a clase, para os caracois xa non sei... 😂