jueves, 19 de abril de 2018

Todo moi mariño!

Leire R. trouxo ao cole duas cousas que se relacionan directamente co noso proxecto: a semana pasada sorprendeunos cun peixiño que xa ten o seu novo fogar na nosa clase (o encargado de regar as plantas cada día é o mesmo que ten que darlle de comer a "Minnie") e o martes desta semana trouxo unha cunchiña decorada para cada un da clase.

Ademais estes días estamos escoitando "a música da auga" obra de Servando Barreiro e da que temos dous exemplares na clase: un agasallado por Julia e outro de Xoel.

E en breves descubriredes o novo proxecto que traemos entre mans, mentres tanto podedes ver as fotos do noso peixiño, que con tanto agarimo observamos e coidamos cada día.

2 comentarios:

Adela (mamá de Marina y Julia) dijo...

Julia me dice que: "Me gustó mucho el pez que trajo Leire y me gustan mogollonazo las Concha y como me encanta el pez, me gustaría quedármelo en clase y es tan bonito que no me puedo enterar. Chao".

abelardo dijo...

Grazas e que soe a música da auga!!!😘😘😘