martes, 9 de enero de 2018

Voltando á rutina

Estes días todo son novedades!!

Onte, ao chegar a clase, descubrimos varios regalos que deixaran alí os Reis Magos (ademáis dos regalos que xa nos deran antes do Nadal, que podedes ver no Facebook da ANPA), o encargado abriu o paquete dun deles, pois o resto foron agasallos cedidos para incorporar nos recunchos e viñan sen empaquetar. E agora temos máis xoguetes ainda na clase!

Ademais o luns e o martes puidemos traer ao cole para ensinar e xogar con algúns dos xoguetes que nos trouxeron en casa, polo que estabamos todos contentísimos. E hoxe como chovía puidemos estrear as pizarras que temos no patio para os días de chuvia!

Que ben o estamos a pasar estes días!

Por certo, o novo robot chámase Señora Ratolina e pensamos que vai a dar moito xogo para practicar con números, letras, direccionalidade... pero por agora estamos practicando soamente coas casillas do taboleiro en branco para aprender a manexalo e entender as ordes que lle damos para chegar ata o queixo.




2 comentarios:

Adela (mamá de Marina y Julia) dijo...

Encántame!!! Que sorte teñen est@s rapac@s...
Rimos moito co video... 😂😂😂
Grazas profes!!

Mestras dijo...

Están encantados co robot e colleron o truco do seu funcionamento en seguida :)