O luns estivo de aniversario Julia e puidemos estrear a nosa nova forma de festexar os cumples deste ano: o PHOTOCALL.
Pasámolo en grande bailando cos antifaces, facendo fotos con gafas, bigotes, bocas monstruosas... e degustando a tarta que fixo Julia na casa coa axuda da súa familia.
Por último, e ao revés do que adoita acontecer nos cumples, ela mesma trouxo un agasallo para cada un dos seus amigos e amigas da clase.
Moitras grazas Julia, pasámolo en grande!
🎉 Felices 5 aniños! 🎊

2 comentarios:
Unha idea moi divertida a do Photocall!!!
Foi o primeiro que contou Julia ao recollela no cole :)
Vexo que todos o pasaron pipa!!!
Grazas!!
:)
Publicar un comentario