viernes, 23 de junio de 2017

Chegou o último día!

E así como comezou, xa rematou o curso... Pasou rapidísimo!

Xa collemos o noso avión para dar a volta ao mundo (cada un ao seu destino favorito) e agora temos por diante un verán longuísimo para descansar, xogar, cantar, bailar, imaxinar, volver a xogar outro pouco máis...

Pasádeo xenial!! Vémonos en setembro! 😊


4 comentarios:

Adela (mamá de Marina y Julia) dijo...

Foi un curso cheo de experiencias e descubrimentos, no que aprenderon moitísimas cousas tanto dentro do cole como nas numerosas saídas que programáchedes.
Agradecer que contedes tanto coas familias para facer actividades dentro do cole e que teñades este blog para que podamos gozar dende casa, coas experiencias que as nosas fillas e fillos fan diariamente.
Moitas grazas por todo e felices vacacións!!! 💖

Adela (mamá de Marina y Julia) dijo...

Por certo, preciosa á par de simpática a decoración das bolsas dos traballos trimestrais... pero a deste trimestre lévase a palma...😍

Adela (mamá de Marina y Julia) dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Sara dijo...

Moitas grazas a vós pola vosa involucración e participación. Doutro xeito, esto non sería posible.
Felices vacacións! :)