viernes, 17 de marzo de 2017

Rematando o proxecto

O proxecto dos alimentos chega ao seu fin.

Esta semana estivemos pechando o proxecto coa asamble-debate sobre as cousas que aprendimos durante este proceso (xa leredes a transcripción nos libros, pero como anécdota debedes saber que "se queremos un dinosaurio ten que ser herbívoro para que non nos coma cando medre") 😉

Ademais xogamos no teatriño coas marionetas vexetais que fixemos. Aquí tedes un exemplo:

E preparamos o super que seguiremos usando un tempiño máis (pois non chegaron suficientes turnos para que todos puideramos xogar nel). Iso de poñer a funcionar un super leva o seu tempo: primeiro recopilamos os productos, despois os clasificamos, puxémoslle os prezos nas etiquetas, e creamos no móbil da profe os prezos dixitais para que a semana que ven xa esté a pleno rendemento o lector de códigos de barras para os tendeiros.
Xa vos ensinaremos como funciona, polo de agora tedes aquí un exemplo do proceso para poñerlle o prezo a cada código de barras (ainda que con tantos productos que temos ao final acabou por facerlles a foto aos códigos de barras a profe jeje)


No hay comentarios: