viernes, 24 de marzo de 2017

Investigadores del mundo

Investigadores del mundo, ese é o título que escollimos en clase para referirnos ao novo proxecto que estamos comezando sobre a viaxe de Willy Fogg en "La vuelta al mundo en 80 días".

Despois de comezar a semana decorando a clase con motivo da primavera que estreamos o luns, recibimos unha carta do buho Paula, na que nos dicía que ela tamén coñece a Willy Fogg e fixo un par de preguntiñas que despertaron a nosa curiosidade por saber en que paises estivo o noso amigo. Vimos un capítulo da serie de Willy Fogg, que remataremos ao longo do que queda de curso, e comezamos a facernos preguntas sobre o que imos a investigar.

Preparados para comezar a viaxe con nós? 


No hay comentarios: