miércoles, 22 de febrero de 2017

Visita familia Raúl

Onte tivemos a visita dos pais de Raúl e con eles fixemos mil cousas!

Primeiro contáronnos un conto dunha mariposa e unha eiruga.
De seguido un conto musical, no que puidemos tocar diferentes melodías no seu piano, e tamén puidemos xogar cunha guitarra de xoguete e tocar unha guitarra de maiores!

Despois vimos un conto de cidades do mundo e fumos ás mesas a pintar a nosa caixa da guitarra e mentres secaba contáronnos o conto de Chocolata coa súa canción.

Pero de súpeto chegou a hora de merenda e tiveron que marchar, por iso rematamos hoxe as nosas guitarras para poder levalas a casa.

Pero as sorpresas non remataron aí, pois tamén trouxeron unha tarta de chocolate que estaba especialmente boa e uns caramelos para repartir despois da merenda.

Foi un gustazo recibir esta visita tan cargada de sorpresas!

Moitas grazas pola vosa colaboración, Patricia e Ricardo.


No hay comentarios: