domingo, 30 de octubre de 2016

Un Samaín de medo!

Por fin chegou a semana de Samaín!
Xa comezaramos a facer cousiñas os días anteriores, pero esta semana foi a semana grande:

O luns no taller de cociña fixemos dedos de bruxa con masa de hojaldre, azucre e améndoas. Na merenda degustamos as riquísimas galletas con forma de pantasma que fixeron Nayara e a súa nai na casa. E acabamos de colocar as arañas que fixeramos a semana anterior na clase, e as colgamos na tea de araña de Julia trouxo de casa para axudarnos a decorar a clase.

O martes preparamos os nosos carnets para os equipos dos xogos tradicionais do mércores.

O mércores celebramos o magosto e vimos disfrazados ao cole: comemos castañas, fixemos "truco ou lambetada" entre os nenos de infantil e xogamos con todo o cole a diferentes xogos populares e Chen regaloulle a cada compañeiro un caramelo dos que traía no seu caldeiro de cabaza.

O xoves escoitamos pola megafonía o relato de medo que preparamos entre toda a clase e tamén puidemos escoitar o conto dos nenos de 5 anos. Ademais tivemos a terrorífica visita dos nenos de 5º que viñeron a recitarnos a súa poesía de medo.

E, para rematar a semana, o venres fixemos un pequeno cine de contos de medo co visionado dalgunhas curtometraxes de Disney. Ademais puidemos levar para casa as máscaras dos equeletos e as arañas que fixeramos na clase para decorar.

Foi unha semana fantástica!

No hay comentarios: