Esta primeira semana de outubro viu cargada de novas!
Durante a semana fumos profundizando un pouquiño máis e encamiñando o noso proxecto dos alimentos (que xa comezáramos a través do conto da Eiruga larpeira):
Cada día foi aparecendo na clase unha caixa sorpresa cun alimento extraido dun conto que debíamos descubrir, para o que empregamos o noso inxenio e as pistas que nos deron os nosos amigos os mouchos a través de puzzles con imaxes dos contos. Entre eses contos chegou ás nosas mans o das Fabas máxicas, polo que non tardou en xurdir a idea de crear a nosa propia horta de fabas, como así fixemos.
Xa ao final da semana pensamos que cousas xa sabíamos dos alimentos, que queríamos seguir investigando e pensamos nun nome para o proxeto que está a tomar forma. Xoel propuxo "Investigadores de comida", idea que foi secundada pola maioría do grupo e polo tanto título oficial do noso proxecto.
Como vedes foi unha semana moi completa e dende aquí tan só temos que engadir "Parabéns aos tres homenaxeados de novo!"
Vémonos pronto con máis novas!
PD: Tivemos un problema coa páxina na que subimos as fotos, polo que agora non están dispoñibles. A final de curso terédelas todas a vosa disposición de novo :)
PD: Tivemos un problema coa páxina na que subimos as fotos, polo que agora non están dispoñibles. A final de curso terédelas todas a vosa disposición de novo :)
1 comentario:
Canto traballades neste cole e que ben os pasan estes cativos!!
Publicar un comentario