jueves, 29 de septiembre de 2016

Como foi o comezo de curso?

Ainda que xa pasaron uns días dende que comezamos o curso, non tivemos a oportunidade de ensinarvos todo o que fixemos neste tempo.

Como xa sabedes, preparamos e decoramos a clase para facela "máis nosa" e así fixemos os debuxos dos nosos colgadores, deseñamos o cartel do noso equipo de mesa, construimos un teatriño e fixemos as marionetas para xogar nel... E por suposto comezamos a traballar nalgunhas cousiñas das que faremos ao longo do curso como o taller manipulativo dos luns.

Deixámosvos algunhas fotos destes primeiros días para que vexades o ben que o pasamos.

Vémonos pronto por aquí con máis novas!

PD: Tivemos un problema coa páxina na que subimos as fotos, polo que agora non están dispoñibles. A final de curso terédelas todas a vosa disposición de novo :)

1 comentario:

Adela (mamá de Marina y Julia) dijo...

Un traballo chulísimo... grazas profes!!