lunes, 11 de abril de 2016

PROXECTO: CABALIÑO DE MAR

Seguimos traballando neste proxecto. Hoxe visitounos a nai de Leire Bernárdez e tróuxonos unha mascota para a clase de 3 anos. É un peixiño que se chama "Nemito". A nai de Leire  ensinounos  como temos que coidalo: o encargado lle dará todos os días a súa comida e os luns toca cambiarlle a auga. Moitas grazas mamá de Leire. Te queremos moito.
        Tamen rematamos o noso libro de disfraces do cabaliño  de mar. Pintámolo entre todos coas acuarelas.
        E, para rematar, estivemos vendo distintas cousas que o mar deixa na beira da praia: cunchas, caracolas, e, ¡¡ata unha estrela de mar!! 
¡¡Canto estamos aprendendo!!



No hay comentarios: