domingo, 20 de marzo de 2016

AS CORES DO MAR




Con motivo do “I Certame de poesía” da escola estivemos traballando o poema “As cores do mar”, de Julia González.


AS CORES DO MAR



Azuis son as sardiñas



que surcan alegres o mar.




Verdes as algas verdes



bailan suaves un vals.



Coloradas as estrelas,



as estreliñas de mar.


Amarelas as buguinas



coas que escoitas lonxe o mar.


Vermello o caranquexo



que camiña para atrás.




Brancas as escumas



que acariñan o areal.


¡¡Mira o arco da vella

que está a facer o mar!!


A partir deste poema fixemos un caligrama con cada unha das súas estrofas. E este foi o resultado final...








No hay comentarios: