Hoxe ao chegar a clase atopamos en cada mesa unha planta coma esta cun carteliño.
ÓSCAR o dixo que poñía "cuidarme", así que todos comezamos a dar ideas.
ALBERTO: É unha planta.
ALEJANDRA: Ten follas.
YAGO: Ten terra.
NAIARA: Ten flores.
HELENA: Hai que regala con auga.
MARA: Ten que vivir en máis terra.
ABEL: Hai que plantala outra vez.
ANTÓN: Nun xardín.
SOFÍA: Meus pais son xardineiros.
SABELA: Podemos preguntarlles.
MESTRA: Como podemos facer para que os pais vexan as plantas?
XOEL: As levamos a casa.
YAIZA: Non hai para todos.
SANDRA: Facemos unha reunión e que veñan a velas.
LAURA: Hai pais que traballan e non poden vir.
ÁNGEL: As levamos por quendas.
ÓSCAR: Así tardamos moito en saber como coidar a planta.
BRAIS: Sacámoslles unha foto.
Así o fixemos e logo cada grupo pensou unha pregunta que facer na casa.Saíron as seguintes:
Como coidase desta planta?
Como chámase esta planta?
Como podemos plantala nunha maceta?
Que utensilios precísanse para coidala?
No hay comentarios:
Publicar un comentario