A Maga da Selva volveu visitármonos. Esta vez pasou pola clase de 5 anos e deixou o seu saco cunha chea de sorpresas: unha láminas de Alicia e o Coello Branco para colorear e…. un PASAPORTE!!!!! Si,si, si. Un pasaporte para poder viaxar ao país das marabillas. Iso si, agora temos que acadar os autocolantes para poder usalo…a ver cando os conseguimos.



1 comentario:
Agora entendo porque Natalia chegou pedindo ver Alicia no país das marabillas e dicindo que ela ía viaxar a ese país.Un saudiño de Susi.
Publicar un comentario