Bos días chicos! Comezamos o MÉRCORES coa nosa Asamblea:
Agora matemáticas de conto:
Conto e ficha para 5 anos:
Colocar a figura de Carapuchiña ao comezo do camiño máis curto.
Colocar ao lobo no camiño correspondente.
Pedirlle que saquen as figuras das regretas rosas e que as coloquen aliñadas no camiño da dereita.
Cantas regretas rosas mide o camiño da dereita? E o da esquerda? Que camiño escolle Carapuchiña?
Colocamos a Carapuchiña no novo camiño que escolleu.
Credes que o lobo chegaría antes que Carapuchiña?
Cantos golpes en total deu Carapuchiña? Canto foron con pouca forza? Cantos con moita?
Pedirlle aos nenos que peguen o lobo e a Carapuchiña na lámina, como se o lobo a estivese a perseguir.
Agora chega o momento de movernos, si! toca psicomotricidade! veña chicos a MOVERSE!
Xa sabedes que a sesión ten tres partes: aquecemento, xogos e relaxación.
Comezamos co aquecemento:
Hoxe o aquecemento imos facelo un pouquiño diferente. Comezamos cunha canción na que teremos que movernos tal e como nos indica.
Moi ben chicos!
Agora outro tipo de exercicios. Preparados? Xenial!
e o que non pode faltar sen dúbida é a nosa sesión de zumba!
a por ela!
Momento dos xogos
Propoñemos uns retos moi divertidos.
1. Soplo:
trazar no chan unha liña de saída e outra de meta.
cunha boliña de papel, ir soprando dende a saída ata a meta, a lo menos tres veces.
2. Nunha caixa encestar a lo menos 5 veces (3 e 4 anos) de 10 veces (5 anos).
3. Botar a pelota a lo menos 5 veces seguidas para 3 anos e 10 veces para 4 e 5 anos.
4. Tumbarse cara arriba, levantar as pernas e facer a bicicleta contanto hasta 20.
5. Por no chan e en liña 5 botellas ou obstáculos, para que o neno vaia pasando en zig-zag. cunha pelotiña en equilibrio enriba dun tubo de cartón (de papel hixiénico ou de papel de cociña) veña chicos que podedes facelo moi ben.
xenial!
Agora chega o momento de relaxarnos.
CONTINUAMOS NA SEMANA DO MEDIO AMBIENTE
E HOXE...
PROPOÑO UNHA ACTIVIDADE COA FAMILIA
É MOI SINXELA
OS NEN@S VAN PARTICIPAR DO ENTORNO QUE OS RODEA
IMOS A...
MEDIR A...
"HUELLA ECOLÓGICA"
SABEDES O QUE PERMITE?
POIS...
PERMITE SABER O IMPACTO QUE TEN O QUE FACEMOS NO DÍA A DÍA SOBRE O MEDIO AMBIENTE
NO SEGUINTE VÍDEO PODES SABER UN POUCO MÁIS!
QUERES SABER CANTO MIDE A "HUELLA ECOLÓGICA" DA TÚA FAMILIA?
FAI CLICK EN EMPEZAR!!
XA NOS CONTAREDES OS RESULTADOS!!
E CHEGOU O MOMENTO DE...
QUEBRACABEZAS!!!
E para rematar a xornada de hoxe , propoñémosvos que realicedes un quebracabezas. Tan só necesitades tesoiras, pegamento e gañas de traballar.💪💪
Para 3 anos:
Para 4 anos:
Para 5 anos:
Despois de recortar as tiras tedes que ordear o quebracabezas e posteriormente pegalo nun folio ou nunha cartolina. Escribide o voso nome(3, 4 e 5 anos) e inventade un título (4 e 5 anos).
Xa sabedes que podedes mandar foto do resultado final.
Veña a traballar!!!
BICOS VOADORES!!! 😘
#SEMANADOMEDIOAMBIENTE#













No hay comentarios:
Publicar un comentario