Bos días! Comezamos a semana coa nosa Asamblea:
E agora a última muller artista: Yayoi Kusama.
Imos coñecela:
Imos coñecela:
Para rematar podemos facer un cuadroa ao seu estilo:
DESCANSAMOS E MERENDAMOS!!
E...
Que vos parece se agora xogamos coas mates?
O primeiro que temos que facer é un lanza pelotas de papel.
Precisamos:
- Vasos de cartón ou plástico e se non temos tamén valen vasos de iogur.
- Rotuladores (se temos vasos de plástico ten que ser un rotulador permanente)
- Un globo.
-Tesoiras ou cuter que só poden utilizar os maiores.
Para o proceso de preparación do noso lanza pelotas de papel deixamosvos un video:
Se xa temos o noso lanza pelotas preparado faltanos preparar o xogo para poder contar.
O que temos que facer agora é porlle aos outros vasos números do 1 ao 10 ou ata o número de vasos que teñamos. Podemos poñer a grafía de cada número ou puntiños que representen a cantidade do número.
Colocamolos facendo unha torre
Poñémonos a unha distancia dun metro ou dous, e co noso lanza pelotas apuntamos e anotamos os puntos obtidos dos vasos que conseguimos tirar.
A divertirse chicos!
E AGORA...
CONTINUAMOS NA LIÑA DA CELEBRAR CONMEMORACIÓNS RELACIONADAS CO MUNDO DA NATUREZA E O MEDIO AMBIENTE...
RECORDADE A IMPORTANCIA DO COIDADO E RESPETO CARA O NOSO MEDIO!!!
VIVIMOS NEL, POLO TANTO COIDEMOLO!!!
HOXE CONMEMORAMOS O...
QUE VOS PARECE COÑECER CAL É O NOME DOS OCÉANOS DO NOSO PLANETA?
VEXAMOS ESTA IMAXE!!
POLO TANTO HOXE PROPOÑEMOS
MANDALAS DOS OCÉANOS!!
DESFRUTADE DA EXPRESIÓN DAS CORES!!
CONTINUAMOS CON...
PINTAMOS PEDRAS!!!
Para rematar a xornada de hoxe propoñémosvos unha manualidade para decorar as vosas casas ou incluso para regalar nunha de esas visitas especiais.
Aproveitando o tempo de paseo, podemos ir buscando e recollendo pedras grandes e lisas para logo decoralas con pintura acrílica, témpera e unha capa de laca. Aquí deixámosvos algunhas ideas:
Unha vez rematada a vosa pedra propoñémosvos que escoitedes a cantiga "PICA PEDRA" e fagades o xogo de mans.
VÉMONOS DE NOVO MAÑÁ!
💗🎉🎈🎉🎈💗💟💓💋😍
#SEMANADOSOCÉANOS#








No hay comentarios:
Publicar un comentario