Bos días chicos!
Comezamos a semana con moita ilusión. Imos a polo luns!
O primeiro coma sempre é a nosa asemblea e atentos que comeza un novo mes. Temos que facer unha nova gráfica do tempo!
Agora...estades preparados? imos facer un laberinto! xa veredes que divertido.
Precisamos
- Caixa de cartón que pode ser de zapatos.
- Palliñas de cores.
- Cola, pegamento ou silicona.
- Folios de cores ou pintados.
- Rotulador.
- Pinturas.
- Texoiras.
- Unha canica.
Se xa temos todo...MANS OBRA!
Aquí vos deixamos un video onde os explica todo o proceso paso a paso
Xogamos cos números:
- Preparamos os números do 1 ao 9 nunha tira de papel de cociña e estendémola polo chan.
- Partímola en anacos e desordenámola. Pedímoslles aos nenos que a volvan a ordenar.
- Os nenos pasean pola recta numérica, mentres leen os números polos que pasan. Primeiro hacia diante, logo hacia atrás (conta atrás do cohete). Cando o teñan dominado, poden facelo comezando en un número calquera.
- Contan de dous en dous cara diante e cara atrás. (Salto do canguro).
Agora a ficha (5 anos).
Escribe os números que faltan.
Se tes dúbidas podes poñerte enriba do número indicado e comprobar a que número chegas dando os pasos que che indican, cara diante ou cara atrás.
DESPOIS DE DESCANSAR E MERENDAR...
TOCA...
DESPOIS DE DESCANSAR E MERENDAR...
TOCA...
ESTA SEMANA CONMEMÓRASE O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
DADO O MOMENTO QUE VIVIMOS
E
O CAMBIO CLIMÁTICO
PROCUREMOS NA MEDIDA DO POSIBLE A RESPONSABILIDADE CO PLANETA TERRA
VEXAMOS A IMAXE
QUE PLANETA PREFIRES?
ASÍ QUE IMOS FACER...
PAPEL RECICLADO
CON ESTA ACTIVIDADE CONTRIBUÍMOS A
POÑER EN VALOR O PAPEL E O SEU USO DESMEDIDO
COIDAR E VALORAR O MEDIO AMBIENTE
MATERIAIS
CUBO
AUGA QUENTE
BATIDORA
REJILLA OU MALLA
TELA
ESPONXA
PROCESO
- RECORTA O PAPEL EN ANACOS PEQUENOS A MAN OU CON TESOIRAS, QUIZAIS PRECISAS DA AXUDA DA FAMILIA.
- INTRODUCE OS PAPEIS NO CUBO E BOTA AUGA QUENTE, TEN COIDADO E NON TE QUEIMES.
- RECORDA TEN QUE SER O DOBRE DE AUGA QUE DE PAPEL.
- PASA A BATIDORA PODE SER QUE PRECISES DA XUDA DA FAMILIA
- DEIXA REPOUSAR
- PASA A PASTA POR UN ESCURRIDOR DE VERDURAS QUITANDO O QUE SOBRE DE AUGA
- PASA A PASTA POR AUGA FRIA
- EXTENDEMOS A PASTA NA REJILLA
- CUBRE A PASTA CON UNHA TEA E DALLE A VOLTA
- RETIRA A MALLA E CUBRE A PASTA CON UNHA TEA, RECORDA SACAR O EXCESO DE HUMIDADE
- CANDO A TEA ABSORBA A AUGA, DEIXA SECAR O PAPEL UN DÍA MÍNIMO
VISUALIZEMOS UN VÍDEO QUE NOS PODE GUIAR NO PROCESO
E CONTINUAMOS CON...
🍳OVOS RECHEOS!!!🍃

E para comenzar a semana con enerxía deixámosvos unha rica e doada receita.Trátase duns simpáticos ovos moi doados de facer . Podedes darlle o voso toque persoal se o desexades.
Necésitamos:
🍴4 Ovos.
🍴Maionesa.
🍴Cenoria.
🍴Olivas negras.
🍴Pemento morrón.
🍴Leituga.
Preparación:
Cocemos os ovos, quitamoslle a cáscara. Cortámolos pola metade e lle quitamos a xema. Xuntamos a xema ca maionesa, e recheamos con esa salsa os ovos. Para adornar cortamos trozos finos de pemento para facer a boca, trozos finos de cenoria para facer os pelos, e circuliños das olivas para facer os ollos. Emplatamos o prato con leituga, poñemos os ovos enriba, e a comer
Ánimo e esperamos ver os vosos ovos en canto os teñades.
3 ANOS: facemos un debuxo ou sacamos unha foto o resultado final.
4 ANOS: escribimos o título da receita e os ingredientes.
5 anos: escribimos o título da receita, os ingredientes e a súa elaboración.
BO PROVEITO!!!🍎🍏
#SEMANADOMEDIOAMBIENTE#













No hay comentarios:
Publicar un comentario