jueves, 21 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA O XOVES 21 DE MAIO


Bos días chicos!

E xa estamos a xoves! que rapidiño pasa a semana, verdade?
Pois comezamos o día coma sempre coa nosa asemblea e a gráfica do tempo.



Agora imos xogar coas mates na que identificaremos número e cantidade ademáis de xogar coa recta numérica. Estades preparados? Pois máns a obra!.
1º Imos facer un tablero con forma de eiruga.


2º Agora toca facer as fichas. Seis circuliños para que os que podamos empregrar como molde  tapóns de botellas. 




3º Escribimos un número do 1 ao 6 e cada unha das fichas. Podemos empregar folios ou cartón. 


4º- Chegou o momento de xogar. Precisamos ter un dado.


5º- Cada xogador lanzará o dado e terá que coller o número que lle corresponde e situalo na eiruga no lugar correspondente.


6º- Finaliza o xogo cando se complete toda a eiruga. 


Se queredes complicar o xogo podemos facer unha eiruga con 12 circuliños e empernar dous dados e ir cubrindo o corpo da nosa super eiruga.


E AGORA...

A AVENTURA PIRATA!!!


A aventura pirata continúa. Hoxe imos mirar moi lonxe. Ánimo!


E agora a debuxar o que podemos observar dende os nosos anteollos.

E CONTINUAMOS CON...

E AGORA IMOS TRABALLAR A EDUCACIÓN EN VALORES!! XENIAL!!

IMOS A POLO VALOR DA SOLIDARIEDADE!!

SABEMOS QUE É A SOLIDARIEDADE?

QUIZAIS SI...QUIZAIS NON...

A SOLIDARIEDADE É....





A TOMA DE CONCIENCIA DAS NECESIDADES ALLEAS E O DESEXO DE CONTRIBUÍR A SÚA SATISFACCIÓN



TIPS PARA A SOLIDARIEDADE!!


TRANSMITIR O VALOR DA SOLIDARIEDADE A TRAVÉS DO EXEMPLO.
POÑERSE NO LUGAR DO OUTRO.
FALAR NA FAMILIA ÓS NEN@S DO QUE ESTÁ BEN E O QUE ESTÁ MAL.
RECIBIR UNHA EDUCACIÓN DEMOCRÁTICA, NUN ENTORNO AFECTIVO.
FALAR DE SITUACIÓNS QUE REFORZEN A LABOR SOLIDARIA DALGUÉN.
PROMOVER UN ENTORNO COMUNICATIVO POSITIVO EN LIBERDADE DE EXPRESIÓN.
FOMENTAR A EMPATÍA E A PRECUPACIÓN POLOS DEMAIS.

EVITAR XESTOS, ACTITUDES E CONDUCTAS EGOÍSTAS





XENIAL!!

POIS IMOS CO CONTO

NADARÍN DE LEO LIONNI






E AGORA QUE VOS PARECE SE TRABALLAMOS A MOTRICIDADE FINA !!

IMOS LOGO A TRABALLAR COAS MÁNS

EMPREGANDO A TÉCNICA DE ORIGAMI!!

CREAREMOS O NOSO PROPIO NADARÍN!!









MÍRADE QUE SORPRESA!!

👀👀 GAFAS DE SOL!!!👀👀

  Xa empeza a facer moita calor así que propoñémosvos facer unhas" gafas de sol."

 Collede un tubo de papel  hixiénico e cortade dous aros.
Un terceiro ariño cortado pode servir para xuntar os outros dous.
Agora xa falta só poñer dúas tiriñas de cartón que fagan de patillas e darlle a forma para que poidan enganchar nas orellas.
Tamén podemos facer as gafas cunha caixa de ovos (con dous ocos) e suxeitar cun pauciño o cartón doblado.
Deixamos unhas plantillas de gafas por se alguén quere copialas, pintalas, pegalas en cartón fino e poñerlle as patillas de cartón. 



                           







Biquiños.👄


#XAQUEDAMENOS#





No hay comentarios: